Arredor de si

  1. home
  2. Books
  3. Arredor de si

Arredor de si

3.51 162 11
Share:

Arredor de si conta a historia de Adrián Solovio, que inicia unha viaxe chea de dúbidas e incertezas existenciais; declárase nun primeiro momento...

Also Available in:

  • Amazon
  • Audible
  • Barnes & Noble
  • AbeBooks
  • Kobo

More Details

Arredor de si conta a historia de Adrián Solovio, que inicia unha viaxe chea de dúbidas e incertezas existenciais; declárase nun primeiro momento antigaleguista, o que o conduce a un cambio de actitude e á procura da súa propia identidade despois da longa viaxe que fai. Comeza o seu camiño en Madrid e pasa por varias cidades castelás até que recibe a nova da mala saúde do seu tío Bernaldo e decide volver a Galiza. Adrián ten agora máis dúbidas que no inicio a respecto da súa identidade, mais esta vez non teñen a ver coa súa posición individualista e de inadaptado, senón da propia afirmación como galego, membro dun conxunto claramente diferenciado.

Despois da morte do tío Bernaldo inicia unha viaxe por Europa visitando París e Berlín. Cae entón na conta de que Galiza é por si mesma tradición e cultura e que, ao igual que esas cidades europeas, tamén ten identidade propia grazas a iso. É nese intre cando Adrián decide volver á súa terra para loitar por ela e conseguir que ocupe o lugar que se merece.

  • Format:Paperback
  • Pages: pages
  • Publication:
  • Publisher:
  • Edition:
  • Language:glg
  • ISBN10:8471547503
  • ISBN13:9788471547507
  • kindle Asin:8471547503

About Author

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo

3.54 448 35
View All Books